DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal entre as rúas Estación e Peña.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 25 de novembro de 2024, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal entre as rúas Estación e Peña. O acordo sométese a exposición pública durante un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O Porriño, 18 de decembro de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde