DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de la oferta de emprego público para o ano 2024.

Por Resolución da Alcaldía do 30 de decembro aprobouse a oferta de emprego público deste concello que contén a praza que se cita a seguir:

Persoal laboral:

Promoción interna:

– Oficial 1ª de obras e servizos múltiples.

Sistema: concurso-oposición.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte áo da referida publicación, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Friol, 30 de decembro de 2024

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde