Na sesión que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG número 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar o nome da persoa aspirante que superou o proceso selectivo, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a persoa aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025
María del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
|
DNI |
Apelidos e nome |
1º exercicio |
2º exercicio |
3º exercicio |
Concurso |
Puntuación final |
|
***7848** |
Pérez Dorado, Patricia |
19,21 |
19,50 |
Exenta |
32,341 |
71,051 |
