DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7743

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 21 de xaneiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG número 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo desta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida pola persoa aspirante, de acordo coas regras contidas na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

María del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Nome

Apelido 1

Apelido 2

Antigüidade
II.2.a)

Traballo

desenvolvido II.2.b)

Formación
II.2.c)

Grao de coñecemento do idioma galego II.2.d)

Exercicio dos dereitos de conciliación II.2.c)

Total

***7848**

Patricia

Pérez

Dorado

25,00

2,191

2,90

2,25

 0

32,341