DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7742

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento VI406A).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2025, é preciso facer a seguinte corrección:

Na páxina 4595, no punto 2 do ordinal trixésimo primeiro, referido aos datos fiscais e valor do IPREM para a concesión das axudas,

Onde di:

«2. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM de 2024.»,

Debe dicir:

«2. De conformidade co ordinal noveno, letra c), desta resolución, as unidades de convivencia deberán acreditar uns ingresos ponderados inferiores ao IPREM. Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM de 2024».

A publicación desta corrección non modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto no ordinal vixésimo noveno da Resolución do 30 de decembro de 2024.