DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para unha área deportiva e recreativa en Bizocas, no concello do Grove (expediente 2024AAE2950).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 13 de xaneiro de 2025 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para unha área deportiva e recreativa en Bizocas, no concello do Grove.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2950).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade