De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da Comisión Provincial do 13 de xaneiro de 2025.
Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas de estudos concedidas identificadas no anexo da presente resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento común das administracións públicas, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ante a Sección de Bolsas de Estudos do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sita na rúa do Concello, 11, 32003 Ourense (988 38 66 51/52).
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, se é o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa de estudos.
Porén, no suposto de que o interesado estea conforme coa obrigación do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.
Ourense, 13 de xaneiro de 2025
Jorge Rubén Sampedro Grande
Director territorial de Ourense
ANEXO I
Convocatoria xeral para estudos postobrigatorios
Interesado:
NIF: 72858313V.
Importe: 410 €.
Curso: 2022/23.
Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.
Interesado:
NIF: 34630174V.
Importe: 2.892,35 €.
Curso: 2022/23.
Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.
Interesado:
NIF: 44658683C.
Importe: 2.754,49 €.
Curso: 2022/23.
Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.
