DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2025 Páx. 7753

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2024 (DOG do 23 de xaneiro) para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, e comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear funcionaria de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, da USC, a aspirante que superou o proceso selectivo e que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa á cal se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6772**

Gómez Álvarez, Marta