Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, na casa do concello de Cenlle, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 14 de xaneiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/84-3.
Instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.
Concello: Cenlle.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
22 |
O Palomar |
32026A0332080000TE |
Herdeiros de María Isabel Sánchez Pardo |
Enderezo descoñecido |
Casa do Concello de Cenlle |
31.3.2025 |
13.15 |
|
29 |
Carballeira |
32026A033002140000TU |
Herdeiros de Isabel Soto Beloso |
Enderezo descoñecido |
Casa do Concello de Cenlle |
31.3.2025 |
13.20 |
