Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a persoa interesada no pagamento dos prezos xustos polo ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT As Sobráns, que se realizarán na casa do concello de Meaño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectados por si ou representada por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 14 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/057-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT e CT As Sobráns.
Concello: Meaño.
|
Predio |
Refª. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
9 |
36027A056000480000ML |
Longarela |
Manuel Lema Besada |
22 de maio de 2025 |
13 |
