DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Páx. 8284

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2025 de nomeamento da persoa seleccionada para a cobertura do posto de dirección de Acción Cultural.

Unha vez rematado o proceso de selección para a provisión do posto de dirección de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, de conformidade coa Resolución do 25 de xuño de 2024, pola que se convoca o procedemento para a selección e se aproban as bases reguladoras da convocatoria, e vista a proposta de contratación elevada pola Comisión de Valoración, a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en uso dos poderes outorgados polo Padroado da Fundación en sesión do 16 de decembro de 2016,

ACORDA:

O nomeamento de Verónica Santos Farto, mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Previamente á formalización do contrato, a persoa seleccionada deberá acreditar os requisitos sinalados na base 4º.1 e 4º.2, que non fosen presentados con anterioridade, no prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Para tales efectos, achegará orixinal ou copia cotexada da documentación.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2025

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia