DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Páx. 8281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria e dos procesos de selección de funcionarios de carreira correspondentes ás prazas incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2023.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña número 165, do 28 de agosto de 2024, e número 238, do 11 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases xerais e específicas aprobadas pola Resolución número 875/2024, do 18 de xullo, da concelleira delegada da Área de Servizos Sociais e Recursos Humanos, reguladoras da convocatoria e dos procesos de selección de funcionarios de carreira correspondentes ás prazas incluídas nas ofertas de emprego público do Concello de Cambre dos anos 2022 e 2023 correspondentes ás prazas de bibliotecario-arquiveiro e axente de protección civil, incluídas na oferta de emprego público de 2022 e á praza de axente de protección civil incluída na oferta de emprego público de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nestes procesos selectivos será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 12 de decembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Resolución Alcaldía 469, do 12.4.2024)
María Yolanda Díaz Baldomir
Concelleira delegada da Área de Servizos Sociais e Réxime Interior