DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Páx. 8282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria para a provisión do posto de inspector-xefe da Policía Local polo procedemento de libre designación con convocatoria pública.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 236, do 9 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases aprobadas pola Resolución da concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos, número 2049/2023, do 19 de decembro, reguladoras da convocatoria para a provisión do posto de inspector-xefe da Policía Local do Concello de Cambre polo procedemento de libre designación con convocatoria pública, pertencente á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local e grupo/subgrupo de clasificación profesional A2.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na presente convocatoria é de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 13 de decembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Resolución Alcaldía 469, do 12.4.2024)
María Yolanda Díaz Baldomir
Concelleira delegada da Área de Servizos Sociais e Réxime Interior