Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2024
|
Convenio |
Data sinatura |
Importe achegado pola AXI (€) |
|
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega, e a Autoridade Portuaria da Coruña para a redacción do proxecto de execución da obra de estrutura flotante na zona do Parrote do Porto da Coruña para a realización de actividades náutico deportivas. |
2.10.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cervo para a mellora da estrada a Quintás. |
9.10.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Brión para o acondicionamento do treito da estrada AC-543 entre os pp.qq. 8+390 ao 10+000 e cambio de titularidade en favor do concello. |
14.10.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ferrol para abrir Ferrol ao mar. Segunda fase das actuacións de fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima e portuaria da cidade de Ferrol. |
14.11.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilasantar para a pavimentación e humanización da antiga AC-194. |
19.11.2024 |
Non se modifica a achega económica. |
|
Addenda número 3 do convenio entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Vigo para o fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo. |
3.12.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para mellora da mobilidade na contorna da nova praza de abastos. |
10.12.2024 |
Reaxustamento de anualidades sen incremento do importe inicial. |
|
Convenio entre o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, a Xunta de Galicia, e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., para o uso do acceso ao porto exterior da Coruña (AC-15) e a súa conexión coa autopista autonómica A Coruña-Carballo (AG-55). |
27.12.2024 |
Non hai achega económica. |
|
Texto consolidade e addenda ao convenio entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A polo que se establecen as achegas extraordinarias para mitigar o impacto da subida das tarifas dos anos 2024 e 2025 e se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57). |
30.12.2024 |
Incremento en 3.435.000 € con respecto ao convenio. |
