DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8459

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais no terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2025

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no terceiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Fórum Metropolitano (A Coruña), dentro do circuíto da Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no segundo semestre de 2024.

15.149,70

3.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) para a programación no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), dentro do circuíto da Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no segundo semestre de 2024.

10.790,92

3.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Vigo para a programación no Auditorio Municipal (Vigo), dentro do circuíto da Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no segundo semestre de 2024.

14.405,50

5.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Pontevedra para a programación no Pazo da Cultura e Teatro Principal (Pontevedra), dentro do circuíto da Rede galega de teatros e auditorios (RGTA) no segundo semestre de 2024.

9.127,60

25.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ponteareas para a programación no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas), dentro do circuíto da Rede galega de teatros e auditorios (RGTA), no segundo semestre de 2024.

4.162,00

8.10.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Carlos Velo para o desenvolvemento da vixésimo novena edición do Festival Internacional de Cine de Ourense-OUFF no 2024.

60.000

2.10.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) para o desenvolvemento de accións de promoción e de análise da industria musical en 2024-2025.

52.000

14.10.2024

Convenio de colaboración entre a sucursal en España da Fundación Xapón e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través da Filmoteca de Galicia.

Sen achega económica

18.10.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo sétima edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2024.

85.000

24.10.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo sétima edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2024.

Sen achega económica

13.11.2024