DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8477

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución de 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 27 de novembro, 9, 10, 12 e 16 de decembro de 2024, e o 21 de xaneiro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución de 30 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, convocado pola Resolución de 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo),

ACORDA:

Primeiro. En vista das alegacións remitidas polas persoas aspirantes no tempo e na forma, anular as preguntas número 89 e 97 do primeiro exercicio do proceso selectivo do cuestionario da quenda de acceso libre. O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 123 e 127. O exame valorarase sobre un total de 120 preguntas.

En vista das alegacións remitidas polas persoas aspirantes no tempo e na forma, anular a pregunta número 69 e 77 do primeiro exercicio do proceso selectivo do cuestionario da quenda de promoción interna. O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 101 e 105. O exame valorarase sobre un total de 100 preguntas.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. Con base nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio acordados polo tribunal e publicados o día 15 de novembro de 2024, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, realizouse a corrección na sesión do 21 de xaneiro de 2025:

– Na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 215 persoas aspirantes, e fíxase en corenta e oito (48) o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación.

– Na quenda de promoción interna acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de seis (6) persoas aspirantes, e fíxase en corenta (40) o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo polas quendas de acceso libre e promoción interna para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

Ana María Freire Rego
Presidenta do tribunal