Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio B7D7V8AR//201 na LMTA LAL811, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideran que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.
Vigo, 16 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/488-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio B7D7V8AR//201 na LMTA LAL811.
Concello: Rodeiro.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
36047A070001690000PW |
Descoñecido |
