DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2025 Páx. 8548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de cinco prazas de administrativos da Administración xeral (C1) por promoción interna.

Convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura de 5 prazas de administrativo da Administración xeral por promoción interna (4 incluídas na oferta de emprego público do ano 2021 e 1 incluída na oferta de emprego público de 2024).

No BOP de Pontevedra núm. 245, do 18 de decembro de 2024, publicáronse as bases íntegras do citado proceso selectivo para cobertura de 5 prazas de administrativo por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 18 de decembro de 2024

Juan Antonio González Pérez
Alcalde