Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 17 de decembro de 2024, aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior, de iniciativa municipal, da área de repartición 15 (PERI AR-15) do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Carballiño.
Sométese o expediente ao trámite de información pública polo prazo de dous (2) meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun xornal de maior difusión da provincia. A documentación que integra o PERI AR-15 ponse á disposición do público na sede electrónica do Concello do Carballiño, dentro do portal de transparencia. Pode acceder a ela no seguinte enderezo:
https://carballino.sedelectronica.gal/transparency/
A documentación atópase na sección 7.1. Urbanismo, obras públicas e ambiente-urbanismo, obras públicas e medio ambiente\planeamento urbanístico, dentro da carpeta:
«397/2022 PERI AR-15-Plan especial de reforma interior-área de repartición nº 15».
Durante o dito período poderán formular as alegacións que se consideren pertinentes, atopándose o expediente de manifesto na Área de Urbanismo sita no segundo andar do Concello do Carballiño en horario laboral de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.
O Carballiño, 23 de decembro de 2024
Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde
