DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 9099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de abril de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Nestlé España, S.A. de concesión administrativa no porto de Pontecesures para a ocupación do dominio público soterrado para a construción de tubaxes para actividades de subministración e evacuación de augas procedentes da factoría (expediente 13-01-24-C1).

Nestlé España, S.A. solicita a concesión administrativa no porto de Pontecesures para a ocupación do dominio público soterrado para a construción de tubaxes para actividades de subministración e evacuación de augas procedentes da factoría.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de abril de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur