Por medio do presente anuncio publícase que a Comisión Executiva do Inorde, na súa reunión celebrada na data 13 de novembro de 2024 aprobou as bases reguladoras do concurso específico para a provisión do posto de técnico/a responsable do laboratorio del Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia (Inorde), nos seguintes termos:
1. Denominación do servizo: Inorde. Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
2. Denominación do posto: responsable de laboratorio.
3. Forma de provisión: concurso específico.
4. Número de postos que se convocan: un (1).
5. Requisitos do posto:
5.1. Tipo de persoal: persoal laboral fixo. Grupo: A2.
5.2. Categoría profesional: diplomado/a o equivalente en titulacións da rama técnico-sanitaria.
5.3. Certificado de aplicación cualificado de tratamentos fitosanitarios.
6. Retribucións do posto:
6.1. Nivel complemento destino: 25.
6.2. Complemento específico: 17.926,58 €.
O contido íntegro do anuncio de aprobación foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 9, do 15 de xaneiro de 2025.
Ourense, 27 de xaneiro de 2025
Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-Inorde
