DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2025 Páx. 9153

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a contratación de cinco prazas de persoal de investigación.

A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de cinco prazas de persoal de investigación.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez días naturais contados a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025

Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)