De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión dunha praza de corpos docentes universitarios, convocado mediante a Resolución conxunta desta universidade e o Servizo Galego de Saúde do 8 de outubro de 2024 (BOE do 19 de outubro), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 2 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que no recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 y 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Nº concurso: 48T-V/24 |
|
|
Código praza: |
C02057 |
|
Apelidos e nome: |
Tomé Martínez de Rituerto, Santiago Joaquín |
|
DNI/NIE: |
***3483** |
|
Corpo: |
Profesoras e profesores titulares de universidade vinculados coa categoría asistencial de facultativo especialista de área |
|
Especialidade: |
Medicina Interna |
|
Área de coñecemento: |
Medicina |
|
Departamento: |
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
|
Institución sanitaria: |
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela |
|
Localidade: |
Santiago de Compostela |
