Mediante a Resolución da Valedora do Pobo, do 3 de outubro de 2024, aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario/a xeral do Valedor do Pobo.
A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 197, e no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 99, ambos do 11 de outubro de 2024.
Finalizada a tramitación do procedemento, no exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento,
RESOLVO:
Adscribir a Santiago González Serrano ao posto de vicesecretario xeral da institución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Valedora do Pobo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo en funcións
