DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2025 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Framarea II.

Antecedentes:

1. O día 13 de decembro de 2024, José Manuel Muñiz Lampón solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Framarea II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

3. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Framarea II.

Situación:

Cuadrícula núm.: 37.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Manuel Muñiz Lampón (***1662**).

Nova titular: María Vanesa Muñiz Argibay (***6715**) (100 % privativo).

A nova titular da concesión administrativa e da batea queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior titular desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitinte en relación coa axuda do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 (expediente PE205F 2020/043-1) en concepto de subvencións no ámbito da acuicultura, por importe de 29.000 euros. Igualmente, a nova titular comprométense a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento UE 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 28 de xaneiro de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña