De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío e de Fabeo, aqueles montes veciñais en man común que, tras sentenza xudicial, perdan a dita natureza e se lles recoñeza a súa condición como montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo serán, de oficio, inscritos no correspondente rexistro. En similar situación están tamén aqueles outros montes de natureza abertal dos cales a Administración forestal dispoña de información para a súa inscrición.
De non contar con toda a información precisa para a inscrición, inscribiranse de xeito provisional e requirirase toda a información complementaria para a súa inscrición definitiva. No caso de non presentar a documentación antes do 27.2.2025, terán que iniciar todo o procedemento de constitución segundo o regulado no Decreto 16/2024.
Nos anexos, ao final deste anuncio, figuran dúas táboas nas cales se relacionan os montes dos que a Administración forestal non ten toda a información precisa para a súa inscrición definitiva:
– Anexo I. Relación de montes veciñais en man común que, tras sentenza xudicial firme, perderon a dita natureza recoñecéndoselle a súa condición como montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
– Anexo II. Outros montes de natureza abertal dos que non se conta co toda a información precisa para a súa inscrición.
Para os efectos de levar a cabo a súa inscrición definitiva, requírense os copropietarios dos montes relacionados nos anexos I e II para que presenten a documentación complementaria descrita no artigo 20 do Decreto 16/2024, antes do 27.2.2025. O procedemento indicado para este trámite é o MR690B, de acordo co artigo 19 do citado decreto.
Ao se descoñeceren o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase este requirimento.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Lugo, 20 de xaneiro de 2025
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO I
Relación de montes veciñais en man común que, tras sentenza xudicial firme, perderon a dita natureza e se lles recoñeceu a súa condición como montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo
|
Monte |
Concello |
Data da sentenza |
Procedemento |
Xulgado |
|
Molmeán |
Navia de Suarna |
5.6.2012 |
P.O. 32/2011 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Barcia |
Navia de Suarna |
20.9.1974 |
Autos 13/1973 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Virigo |
Navia de Suarna |
10.12.2019 |
P.O. 110/2019 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Son |
Navia de Suarna |
28.7.2017 |
P.O. 202/2015 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Queizán |
Navia de Suarna |
3.4.2019 |
P.O. 6/2019 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Castañedo |
Navia de Suarna |
19.4.2012 |
87/2012 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Couso |
Navia de Suarna |
17.3.2011 |
P.O. 36/2010 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Cerredo |
Navia de Suarna |
30.12.2011 |
P.O. 61/2010 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Silvouta |
Navia de Suarna |
26.9.2018 |
P.O. 38/2018 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Vilares |
Navia de Suarna |
29.12.2015 |
Xuízo verbal 196/2015 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Vilarello |
Cervantes |
3.11.2019 |
P.O. 225/2009 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 de Becerreá |
|
Santalla-Chao do Arco |
Cervantes |
4.6.2003 |
Apelación 142/2003 |
Audiencia Provincial de Lugo. Secc.1ª |
|
Folgueiroá |
Cervantes |
31.7.2017 |
P.O. 86/2016 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 de Becerreá |
|
Hortais, Fonte Fonpernal, Valancho e Mestas e Fonte Maseirín |
Becerreá |
28.12.2018 |
P.O. 141/2016 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 de Becerreá |
|
A Mocha, Sª Galo e Picato |
Baralla |
19.11.2019 |
Apelación 609/2018 |
Audiencia Provincial de Lugo. Secc. 1ª |
|
Vilagarcía |
Baleira |
9.11.2012 |
P.O. 114/2011 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
San Mamede |
A Fonsagrada |
5.6.2012 |
Xuízo ordinario 84/2011 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Porteliña |
A Fonsagrada |
27.7.2020 |
P.O. 121/2019 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Freixo |
A Fonsagrada |
11.5.2011 |
P.O. 154/2010 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Cospeito e Sendiña |
A Fonsagrada |
17.12.2012 |
Xuízo ordinario 1/2012 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
|
Chaín |
A Fonsagrada |
3.1.2013 |
P.O. 83/2012 |
1ª Instancia e Inst. núm.1 da Fonsagrada |
ANEXO II
Outros montes de natureza abertal dos que non se conta co toda a información precisa para a súa inscrición
|
Monte |
Concello |
|
Paderne |
Folgoso do Courel |
|
A Pérgoa |
A Fonsagrada |
|
Lindín |
A Fonsagrada |
|
Covas e Castelo |
A Fonsagrada |
