DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9319

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos faculativos, especialidade de educador/a social, modificado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos faculativos, especialidade de educador/a social, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social

Tribunal titular:

Presidencia:

Laura Fuentes López, persoal funcionario do corpo de técnicos de apoio social, subgrupo A2.

Secretaría:

Juana Isabel Ferreiro López-Riobóo, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química.

Vogais:

– María Vitalia García Méndez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de pedagoxía.

– José Manuel Oreiro Blanco, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.

– Miguel Anxo Sanmartín Blanco, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a.

Tribunal suplente:

Presidencia:

María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Secretaría:

Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Juan Pablo Penas Ares, persoal laboral do grupo II, categoría 6, educador/a, profesor/a especial.

– Rufino David Luances Gudín, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade de terapia ocupacional.

– Manuel José Lage López, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.