DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9317

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX).

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais

Tribunal titular:

Presidencia:

Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

Mónica Blas Freire, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– María del Carmen Recarey Rey, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de clínica.

– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Rubén Orosa Sande, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Tribunal suplente:

Presidencia:

Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.

Secretaría:

Camilo Ríos Gestal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Margarita María Docanto Alonso, persoal funcionario do corpo de traballo social, subgrupo A2.

– Jessica García Méndez, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de enfermaría.