Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 30 de enero de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil
Tribunal titular:
Presidencia:
Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.
Secretaría:
José Antonio Cotelo Veira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Beatriz López González, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.
– Lidia Rodríguez Ruiz, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.
– María José Iglesias Vázquez, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil .
Tribunal suplente:
Presidencia:
Carlos Fernández Fernández, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.
Secretaría:
Concepción Moares Domínguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Ángeles Rey Capelo, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil e primaria.
– María Soledad Fariñas Vila, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
-Ramón Bernardo París Lago, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.
