O que subscribe, Juan Freaza Otero, veciño de Estrada do Cruceiro, parroquia de Santo André de Cedeira, concello de Redondela (Pontevedra), pola presente convoco a asemblea xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de San Andrés de Cedeira, que se celebrará o 23.2.2025, ás 10.30 e ás 11.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no salón de actos do Centro Cultural de Cedeira, co seguinte:
Orde do día.
1. Lectura e aprobación, se procede, das actas das asembleas anteriores.
2. Informe do presidente:
a) Estado das instalacións, reparación de avarías e propostas de melloras.
b) Recordo do establecido nos estatutos sobre mantemento de contadores, límites de consumos e sancións.
c) Protocolo para solicitude de petición de auga para obras de uso excepcional.
d) Aplicación e consecuencias da aplicación obrigatoria da lei de protección de datos.
3. Informe de Tesouraría.
4. Altas, baixas e cambios de titularidade.
5. Renovación parcial da Xunta de Goberno.
6. Rogos e preguntas.
Redondela, 9 de xaneiro de 2025
Juan Freaza Otero
Presidente da Comunidade de Usuarios de San Andrés de Cedeira
