No BOP de Ourense núm. 1, do día 2 de xaneiro de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras correspondentes á oferta extraordinaria de emprego público do ano 2024 para estabilizar o emprego temporal da Deputación Provincial de Ourense, de conformidade coa Lei 20/2021.
As prazas que se convocan son as seguintes:
I. Prazas de natureza estrutural que estean dotadas orzamentariamente, estean ou non dentro da relación de postos de traballo ou do cadro de persoal da Deputación Provincial de Ourense e que estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2023 (16 prazas): o sistema de selección será o de concurso-oposición:
– Unha (1) praza de chofer especialista: persoal laboral fixo, subgrupo C2, título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 3.
– Catro (4) prazas de chofer-operario/a de lixo: persoal laboral fixo, subgrupo C2, título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 3.
– Unha (1) praza de operario/a de lixo: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Dúas (2) prazas de legoeiro/a: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Unha (1) praza de legoeiro/a-regador/a: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Dúas (2) prazas de operarios/as-limpadores/as: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Dúas (2) prazas de operarios/as de zonas verdes: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Dúas (2) prazas de porteiros/as-operarios/as de mantemento: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Unha (1) praza de peón/peoa agrícola: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
II. Prazas de natureza estrutural que estean dotadas orzamentariamente, estean ou non dentro da relación de postos de traballo ou do cadro de persoal da Deputación Provincial de Ourense e que estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos cinco anos anteriores ao 31 de decembro de 2023 (17): o sistema de selección será o de concurso:
– Tres (3) prazas de administrativos/as de administración xeral: persoal funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala administrativo/a, subgrupo C1, título de bacharelato ou técnico equivalente. Copia do diploma ou Celga 4.
– Unha (1) praza de auxiliar de oficina: persoal funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.
– Unha (1) praza de técnico/a superior en desenvolvemento local: persoal funcionario de carreira, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de cometidos especiais, subgrupo A1, título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións). Copia do diploma ou certificado Celga 4.
– Sete (7) prazas de chofer-operario/a de lixo: persoal laboral fixo, subgrupo C2, título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 3.
– Unha (1) praza de operario/a de recollida de lixo: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Unha (1) praza de mecánico/a: persoal laboral fixo, subgrupo C2, título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3.
– Unha (1) praza de axudante/a de maquinaria: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Unha (1) praza de legoeiro/a: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
– Unha (1) praza de recepcionista: persoal laboral fixo, grupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.
III. Resérvanse para persoas con diversidade funcional as seguintes prazas das incluídas no punto anterior:
– Unha (1) praza de auxiliar de oficina (reservada para discapacidade en xeral).
– Unha (1) praza de recepcionista (reservada para persoas con discapacidade intelectual).
En caso de non se cubriren as prazas reservadas para persoas con discapacidade, acumularanse ás da convocatoria extraordinaria e poderán ser cubertas polas persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.
O prazo para a presentación de solicitudes será dos vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As modalidades de presentación son as seguintes:
a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro da deputación provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da deputación provincial, no enderezo https://sede.depourense.es
Nas solicitudes farase constar expresamente que a persoa aspirante reúne todas e cada unha das condicións exixidas, referidas á data de remate do prazo de presentación.
No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntando á solicitude o correspondente xustificante:
– Para as prazas do grupo A1: 19 euros.
– Para as prazas do grupo A2: 17 euros.
– Para as prazas do grupo C1: 15 euros.
– Para as prazas do grupo C2: 13 euros.
– Para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación AP: 10 euros.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse, exclusivamente, na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.
Ourense, 21 de xaneiro de 2024
Luís Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
