No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 246, do día 29.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos de estabilización de emprego temporal polo sistema excepcional de concurso e polo sistema de concurso oposición, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do día 30.12.2022, publicáronse as convocatorias e bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Mugardos que a seguir se relacionan, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público; bases específicas que con posterioridade foron modificadas e publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 251, do día 31.12.2024:
– Dúas (2) prazas de persoal laboral fixo de oficial 2ª grupo emerxencias supramunicipal, asimiladas á Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, Grupo C, Subgrupo C2, mediante o sistema de provisión por concurso-oposición.
– Once (11) prazas de persoal laboral fixo de auxiliar de axuda no fogar, pertencente ao grupo de clasificación V, asimiladas á Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, Grupo E, Agrupacións Profesionais, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Mugardos, 3 de xaneiro de 2025
O Alcalde
P.D. de competencia (R.A. 2023-0615, do 26.6.2023)
José Miguel Mahía Prados
Concelleiro delegado de Urbanismo, Rehabilitación, Mobilidade e Réxime Interior
