DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO das bases e convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión en Intervención (A2) correspondente á oferta de emprego público 2021.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024-0616 do 25.11.2024 aprobáronse as bases reguladoras do proceso de selección para proveer por funcionario/a de carreira unha praza de técnico/a de xestión en Intervención (A2) correspondente a oferta de emprego público 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do día 5.12.2024 foron publicadas as ditas bases e están publicadas na sede electrónica do Concello de Forcarei https://forcarei.sedelectronica.gal/preview-document.1

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida a alcaldesa, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste concello (https://forcarei.sedelectronica.gal), durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os restantes e sucesivos anuncios faranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Forcarei, agás as resolucións de aprobación da lista provisional e definitiva de aspirantes admitidos/as e nomeamento e convocatoria/constitución do tribunal de selección, con publicación, así mesmo, no BOPPO; así como a resolución de finalización do proceso e nomeamento do/da aspirante seleccionado/a, que se publicará no BOPPO e no DOG.

Forcarei, 16 de decembro de 2024

Verónica Pichel Guisande
Alcaldesa