BDNS (Identif.): 811481.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, escolarizado no curso 2024/25, en 1º ou 2º de bacharelato.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 24 de xaneiro de 2025 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Cuarto. Importe
Importe total da convocatoria: 2.451.960,88 €.
Número de prazas: 647.
Importe individual: acontía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:
