Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2025, procede efectuar a oportuna corrección:
– Na páxina 7590, no artigo 2, alínea d), onde di:
«d) Indicador público de renda de efectos múltiples (en adiante, IPREM): é o indicador definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía; considérase unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos familiares, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras».
Debe dicir:
«d) Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM): é o indicador definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía; considérase unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos familiares, no seu cómputo anual, incluídas dúas pagas extras.
Para a valoración das solicitudes utilizarase o valor do IPREM de 2024».
– Na páxina 7593 e 7594, no artigo 6. Cómputo de ingresos, onde di:
«Para a determinación dos ingresos partirase da contía da base impoñible xeral e do aforro reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF), correspondente á declaración ou declaracións presentadas pola persoa solicitante e por cada unha das persoas integrantes da unidade de convivencia relativos ao período impositivo que se determine na correspondente convocatoria».
Debe dicir:
«Para a determinación dos ingresos partirase da contía da base impoñible xeral e do aforro reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF), correspondente á declaración ou declaracións presentadas pola persoa solicitante e por cada unha das persoas integrantes da unidade de convivencia.
Os datos fiscais que se terán en conta nesta convocatoria para a concesión das axudas serán os correspondentes ao exercicio económico de 2023».
