DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025 pola que se aproba modificar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Sanxenxo, instalacións portuarias situadas no concello de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro).

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia, que tivo lugar o día 18 de decembro de 2024, este acordou dar a súa conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Sanxenxo, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o informe da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 13 de decembro de 2024 sobre o trámite da proposta da modificación da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o acordo do seu consello reitor do 18 de decembro de 2024, que dá a conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Sanxenxo e elévaa e propona para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación do conselleiro do Mar conferida pola Orde do 15 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de febreiro de 2022,

RESOLVE:

Aprobar a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sanxenxo (Pontevedra), datado en novembro de 2024 na súa última versión e asinado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria da dita entidade pública.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia