DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística CO-0434-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de novembro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación cunhas obras realizadas en solo rústico (expediente CO-0434-2024).

Ao non poder realizar a notificación persoal deste acordo ás persoas titulares do documento nacional de identidade 76977745B e 36029603B, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación deste anuncio, para presentaren as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística