DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9506

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2024 e dous convenios máis do cuadrimestre anterior.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2024 e dous convenios máis do cuadrimestre anterior, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Obxecto

Importe total

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Educadoras e Educadores de Galicia (CEESG) polo que se encomenda o desenvolvemento do proxecto Aloumiños

127.000,00 €

8.8.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Católica de Valencia San Vicente Mártir para a realización de prácticas externas do máster universitario en Deterioración da Integridade Cutánea, Úlceras e Feridas

0,00 €

28.8.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Comercial Hospitalaria Grupo-3, para a organización dunha xornada de actualización en patoloxía gastrointestinal

1.000,00 €

17.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Sanyres Sur, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Orpea Vigo

0,00 €

20.9.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Sanyres Sur, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Orpea Pontevedra

0,00 €

20.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, para un proxecto de investigación denominado «Caracterización farmacocinética dos tratamentos farmacéuticos mediante o desenvolvemento de modelos poboacionais de tipo non lineal de efectos mixtos»

0,00 €

24.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), e a Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Diálise (Detradi Galicia)

0,00 €

24.9.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Merck Sharp & Dohme de España, S.A., para a organización dunha xornada de actualización en patoloxía gastrointestinal

2.000,00 €

27.9.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porto do Son en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Porto do Son

11.519,20 €

30.9.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo en que se establecen as bases para a reforma do Consultorio dos Tilos

17.767,63 €

1.10.2024

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a promoción da carreira docente entre profesionais sanitarios

0,00 €

2.10.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus), para o proxecto de investigación titulado: «Estudo de vectores sintéticos para a transfección de células inmunes»

0,00 €

2.10.2024

Convenio de colaboración entre «Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.» e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de proxectos de investigación industrial no marco dun programa de doutoramento

0,00 €

3.10.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Werfen España, S.A.U., para a organización dunha xornada en patoloxía gastrointestinal

3.000,00 €

4.10.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Roche Diagnostics, S.L., para a organización dunha xornada de actualización en patoloxía gastrointestinal

4.000,00 €

7.10.2024

Prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Stanpa para desenvolver o programa «Ponte guapa sentiraste mellor», no Hospital Universitario de Ourense (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)

0,00 €

8.10.2024

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Confederación Española de Organizaciones de Mayores (Ceoma) para a promoción da saúde e prevención das persoas maiores

0,00 €

8.10.2024

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia

0,00 €

9.10.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cospeito en se que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cospeito

0,00 €

10.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

144.000,00 €

10.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

60.000,00 €

10.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto Feiral da Coruña (Ifeco) para o uso de espazos nas campañas de vacinación masiva desenvolvidas polo Sistema público de saúde de Galicia

60.000,00 €

10.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo que se instrumenta a subvención nominativa para a realización de actuacións no ámbito do estudo e da investigación das ciencias médicas

30.000,00 €

10.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Farmacia de Galicia polo que se instrumenta a subvención nominativa para a realización de actuacións no ámbito do estudo e da investigación das ciencias farmacéuticas

30.000,00 €

10.10.2024

Addenda ao acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria Santiago de Compostela (Fidis) para a xestión da formalización dos contratos, Juan Rodés, Río Hortega e Intensificación concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da Fidis ao abeiro da convocatoria AES 2023

0,00 €

11.10.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Amgen, S.A., para a organización dunha xornada de actualización en patoloxía gastrointestinal

1.500,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Cibrao das Viñas para a apertura dun novo consultorio médico en Reboredo-Concello de San Cibrao das Viñas

214.500,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200,00 €

16.10.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Merck, S.L.U., para a organización dunha xornada de actualización en patoloxía gastrointestinal

2.000,00 €

17.10.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Veiga en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde da Veiga

6.933,30 €

31.10.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (Agamin) para a difusión de información e o fomento da doazón de sangue, órganos e tecidos

0,00 €

31.10.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universitat Internacional de Catalunya para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais do grao de Medicina

0,00 €

5.11.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Laboratorios Leo Pharma, S.A.U., para a organización da actividade formativa Dermacampus «Dermatoloxía no ámbito de atención primaria 2024»

1.100,00 €

5.11.2024

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Evanxélico de Galicia, para a asistencia relixiosa evanxélica nas institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde

0,00 €

6.11.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e GFT IT Consulting, S.L.U., para a organización Workshops de intelixencia artificial

0,00 €

6.11.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic (Finibic) para o desenvolvemento do programa para o impulso de actividades de fomento da investigación traslacional de excelencia en saúde de Galicia (programa InTrES)

170.240,00 €

8.11.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur (FPGIBGS) para o desenvolvemento do programa para o impulso de actividades de fomento da investigación traslacional de excelencia en saúde de Galicia (programa InTrES)

109.440,00 €

8.11.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) para o desenvolvemento do Programa para o impulso de actividades de fomento da investigación traslacional de excelencia en saúde de Galicia (Programa InTrES)

345.060,00 €

8.11.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), ao abeiro da convocatoria da Acción Estratéxica en Saúde AES 2024

0,00 €

8.11.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), ao abeiro de convocatorias da Acción Estratéxica en Saúde (AES) 2024

0,00 €

8.11.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), ao abeiro da convocatoria da Acción Estratéxica en Saúde (AES) 2024

0,00 €

8.11.2024

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Contra o Cancro (Sede Provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Hospital Universitario de Ourense, no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento dos programas de «Apoio e acompañamento» e «Actividades de voluntariado»

0,00 €

14.11.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Novo Nordisk Pharma, S.A., para a organización do curso: actualización en obesidade

0,00 €

15.11.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e «Athisa Biogeneración, S.L.», para a realización dun programa piloto para a xestión integral de efluentes de fármacos citostáticos líquidos xerados no Hospital Álvaro Cunqueiro, da Área Sanitaria de Vigo

0,00 €

19.11.2024

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao en Traballo Social impartidos na Escola Universitaria de Traballo Social

0,00 €

26.11.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado: «Terapia celular personalizada con células mieloides CAR-M ANTI-EGFR para tumores sólidos»

0,00 €

27.11.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus), para o desenvolvemento do proxecto de investigación titulado: «Terapia celular personalizada con células mieloides CAR-M ANTI-EGFR para tumores sólidos»

0,00 €

27.11.2024

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Abbott España para a creación de varias pílulas formativas e-learning sobre diabetes e o emprego de sensores

7.000,00 €

2.12.2024

Primeiro acordo específico de colaboración entre Novartis Farmacéutica, S.A., e o Servizo Galego de Saúde, para a realización de actividades de interese sanitario en materia de formación, investigación e innovación na Área de Neuroloxía

77.000,00 €

3.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Asociación Érguete de Prevención e Intervención en Condutas Adictivas en que se establecen as bases para a reforma dun inmoble incluído no programa Vivendas de apoio ao tratamento

30.000,00 €

3.12.2024

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a Comunidade Autónoma Principado de Asturias para a prestación de asistencia sanitaria en determinadas zonas limítrofes de ambas as comunidades

0,00 €

5.12.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación de atención á parálise cerebral e afíns Amencer- Aspace para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Amencer Aspace

0,00 €

9.12.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Internacional Josep Carreras para fixar os procedementos de información, selección, captación, rexistro e xestión de doantes non emparentados para o transplante de proxenitores hematopoiéticos

0,00 €

10.12.2024

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

0,00 €

11.12.2024

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Cruz Vermella Española, a Sociedade Española de Cardioloxía e a Fundación Española do Corazón, para o fomento da formación en resucitación cardiopulmonar e o incremento da capacitación no emprego da desfibrilación semiautomática

0,00 €

12.12.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC) para o desenvolvemento do programa de comedor terapéutico para persoas con trastornos da conduta alimentaria

20.000,00 €

17.12.2024

Convenio de colaboración empresarial entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Almirall, S.A., para a organización de vídeos formativos sobre patoloxías dermatóloxicas dentro do programa «O experto responde» da Escola Galega de Saúde para a cidadanía

5.000,00 €

18.12.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic para o desenvolvemento, seguimento e financiamento das actividades da convocatoria do 2024 do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T) para o ámbito de Galicia no marco do proxecto Transfiresaúde do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 (procedemento SA304D)

60.000,00 €

19.12.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para o desenvolvemento, seguimento e financiamento das actividades da convocatoria de 2024 do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T) para o ámbito de Galicia no marco do proxecto Transfiresaúde do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 (procedemento SA304D)

360.000,00 €

19.12.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento, seguimento e financiamento das actividades da convocatoria de 2024 do programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T) para o ámbito de Galicia no marco do proxecto Transfiresaúde do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 (procedemento SA304D)

80.000,00 €

20.12.2024

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización dun curso de experto/a universitario de avaliación para os servizos sanitarios

50.000,00 €

23.12.2024

Addenda de prórroga e cuarta de modificación do convenio entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a Mutualidade Xeral Xudicial e o Servizo Galego de Saúde para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades

0,00 €

27.12.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Persoas Adictas e Familiares ADIANTE para o desenvolvemento do programa «Apoio á abstinencia en persoas alcólicas e outras adiccións»

10.000,00 €

30.12.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ingada para o desenvolvemento do programa de intervención comunitaria no trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e no trastorno do espectro autista (TEA)

15.000,00 €

30.12.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Xogadores Anónimos (Agaja) para o desenvolvemento do programa de tratamento de enfermos de condutas adictivas e o seu contorno

15.000,00 €

30.12.2024

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Liga Reumatolóxica Galega de Loita contra o Reumatismo para o desenvolvemento do programa «Humanización da dor. Recuperando a saúde mental»

20.000,00 €

30.12.2024

Convenio entre o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (INSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia para o control da incapacidade temporal durante o período 2025 a 2028

0,00 €

31.12.2024