De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:
1. Resolución do 13 de novembro de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) o apoio á consellería na mellora da información dispoñible sobre a dinámica de cultivo do mexillón nas rías galegas.
– Actividade: a prestación do servizo de apoio na mellora da información dispoñible sobre a dinámica do cultivo do mexillón a través da recollida de información ambiental e de produción do sector mexilloeiro nas rías galegas.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 13 de novembro de 2024 ata o 30 de novembro de 2026.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024, 2025 e 2026, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
2. Resolución de 12 de decembro de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a execución da asistencia técnica ao Centro de Investigacións Mariñas (Cima), dependente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, nas tarefas incluídas no proxecto Sol-Ouxa I.
Actividade: dar apoio ao Cima nas tarefas comprometidas no proxecto Sol-Ouxa I.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 12 de decembro de 2024 ata o 31 de marzo de 2025.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2024 e 2025, na aplicación orzamentaria 46.03.723A.640.1, código do proxecto 2024 00141. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
3. Resolución de 9 de xaneiro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) o servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2025 no centro de formación A Aixola.
Actividade: a realización pola Fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2025 no centro de formación A Aixola.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 9 de xaneiro de 2024 ata o 15 de decembro de 2025.
– Financiamento: tramitouse como anticipada de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, na aplicación orzamentaria 16.03.722A.640.1, código do proxecto 2024 00140. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
