DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9647

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2024:

Convenios

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Augas de Galicia

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de saneamento «Colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Tramo A Malata-Ponte da Estrada da Malata. Ferrol (A Coruña)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Aumentar o importe do convenio en 52.582,15 € e reaxustar a distribución de anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións.

25.9.2024

671.109,29 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ares para a execución da actuación de «Mellora do sistema de abastecemento de Ares (A Coruña)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ares que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na «Mellora do sistema de abastecemento de Ares (A Coruña)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

25.9.2024

1.705.760,84 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Poio para a execución das actuacións de saneamento «Novo bombeo e depósito de retención da Seca e mellora da estación de bombeo de augas residuais (EBAR) de Porto Campelo. Poio (Pontevedra)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Poio que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de saneamento consistentes no «Novo bombeo e depósito de retención da Seca e mellora da estación de bombeo de augas residuais (EBAR) de Porto Campelo. Poio (Pontevedra)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

3.10.2024

3.625.310,75 €

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución da actuación de «Mellora do saneamento no Concello de Rois. EDAR de Urdilde. Rois (A Coruña)», financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 15.810,17 € e reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións.

31.10.2024

773.100,47 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para a execución da actuación «Melloras estruturais para a redución do risco de inundación da ARPSI fluvial ES014-LU-170101 río Fontecova. Viveiro (Lugo)», no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro que permitan acometer as obras consistentes nas «Melloras estruturais para a redución do risco de inundación da ARPSI fluvial ES01-LU-170101 río Fontecova. Viveiro (Lugo)», e a súa conservación e mantemento.

4.11.2024

600.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución das actuacións «Mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia (A Coruña)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de cofinanciamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, mediante tramitación anticipada de gasto.

Modificar o título do convenio de colaboración para adaptalo ás circunstancias que variaron, aumentar o importe do convenio en 435.129,28 €, ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2026 e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

12.11.2024

3.360.129,28 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello da Coruña e a empresa municipal Aguas de La Coruña, S.A. (Emalcsa) para a xestión e explotación da presa e encoro de Cecebre.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 16.12.2028, modificar a cláusula segunda relativa ás obrigas respecto da explotación da infraestrutura hidráulica actualizando a normativa aplicable, e suprimir a cláusula quinta relativa ao aproveitamento hidroeléctrico como consecuencia da extinción da concesión de aproveitamento.

5.12.2024

Sen custo económico

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do Laboratorio de Medio Ambiente, e a entidade pública empresarial Augas de Galicia, para a realización de mostraxe, análise e aplicación de índices de valoración necesarios para o proceso de avaliación do estado das masas de auga, mediante tramitación anticipada de gasto.

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da toma de mostra, análise e tratamento dos programas de control das masas de auga superficial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

11.12.2024

2.163.100,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a execución da actuación «Mellora do abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa. Ampliación da ETAP do sistema de abastecemento ao Barbanza. Padrón (A Coruña)», Plan de recuperación, transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante tramitación anticipada de gasto.

Modificar o título do convenio de colaboración para adaptalo ás circunstancias que variaron, modificar a cláusula cuarta relativa ao réxime de financiamento e obrigas de carácter económico ao diminuír o importe do convenio en 561.906,47 €, ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2026 e consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

12.12.2024

9.538.093,53 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Melide para a ampliación do saneamento da parroquia de Santa María, Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2025 e reaxustar a distribución de anualidades ao ritmo previsto de execución das actuacións.

17.12.2024

122.200,40 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Carballo para reducir o risco de inundación na ARPSI do río Anllóns, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e susceptible de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Modificar o título do convenio de colaboración para adaptalo ás circunstancias que variaron, modificar a cláusula terceira relativa ao réxime de financiamento e obrigas de carácter económico ao aumentar o importe do convenio en 33.732,29 €, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución do convenio e ampliar a súa vixencia ata o 31.12.2026.

18.12.2024

6.369.463,81 €

Acordo de colaboración entre Augas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a instalación de equipamento de tecnoloxías da información e a comunicación no Centro de Proceso de Datos Integral para a prestación de servizo na modalidade IaaS, mediante tramitación anticipada de gasto.

Establecer as condicións da instalación dos sistemas informáticos e tratamento de datos (equipamento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) propiedade de Augas de Galicia no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia (CPDI). Así mesmo, a regulación da prestación dun modelo de Cloud Privada.

19.12.2024

160.000,00 €

Sexta addenda ao convenio de colaboración ente Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31.12.2025 ou ata a asunción por parte de Augas de Galicia da xestión do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol, no caso de que se asuma antes do 31.12.2025.

20.12.2024

Sen custo económico

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Foz para a execución de actuacións e saneamento e depuración en Foz. Concello de Foz (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Aumentar o importe do convenio en 14.659,22 € e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio ao ritmo previsto de execución das actuacións.

30.12.2024

13.482.544,80 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo para a execución da actuación de «Rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo. Concello de Arbo (Pontevedra)», financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do eixo REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19; mediante tramitación anticipada de gasto.

Modificar o título do convenio de colaboración para adaptalo ás circunstancias que variaron, aumentar o importe do convenio en 320.954,00 € para adecualo ao importe actualizado, ampliar o prazo de vixencia ata o 31.12.2025 e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio ao ritmo previsto de execución das actuacións.

30.12.2024

2.502.708,96 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e Concello de Marín para a execución da obra de mellora da rede de saneamento de Marín no contorno do río Lameira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-20207.

Aumentar o importe do convenio en 35.072,44 € e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio ao ritmo previsto de execución das actuacións.

30.12.2024

3.617.060,36 €