O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro a decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro
|
Convenio |
Data de sinatura |
Achega Axencia |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para a realización dunha serie de programas sobre as comunidades enerxéticas no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza denominado DE 0052_COMENERG_1_E, no ano 2024 |
16.12.2024 |
47.000,00 € |
