DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9653

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025.

No Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, publicáronse, entre outras, as seguintes convocatorias de axudas do Igape:

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG410A).

– Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para atracción de empresas a Galicia para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408H).

– Resolución do 12 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

– Resolución do 16 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300H).

– Resolución do 17 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

– Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións de débedas e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D).

– Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

No Diario Oficial de Galicia número 8, do 14 de xaneiro de 2025, publicáronse as seguintes convocatorias de axudas do Igape:

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras IA360 de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408M).

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova), e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1), IG300I (liña 2) e IN422P (liña 3).

– Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña. Modalidade proxectos empresariais tractores de grandes empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N).

Debido á incidencia técnica da nova plataforma tecnolóxica do Igape, que non permitiu a presentación de ningunha solicitude das axudas anteriormente relacionadas, foron, xa que logo, anulados pola Dirección Xeral do Igape, mediante o Acordo do 21 de xaneiro de 2025, relativo á incidencia técnica na funcionalidade da plataforma de xestión das axudas e aos prazos de presentación de solicitudes da convocatoria de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas no DOG do 13 e do 14 de xaneiro de 2025, os prazos de presentación de solicitudes reflectidos nas referidas convocatorias. Unha vez resolta a dita incidencia, procede publicar os novos prazos de apertura e de peche das solicitudes.

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 31 de xaneiro de 2025, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025, e facultou a directora xeral para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Publicar os novos prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes das seguintes bases reguladoras das axudas do Igape

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 7.3.2025 ás 14.00 h.

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.9.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG410A), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 7.3.2025 ás 14.00 h.

– Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para atracción de empresas a Galicia para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408H), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.9.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 12 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 12.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.9.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 16 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300H), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 7.3.2025 ás 14.00 h.

– Resolución do 17 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 10.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.9.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións de débedas e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534D), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.12.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B), publicadas no DOG núm. 7, do 13 de xaneiro.

Data de inicio: 7.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 1.12.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras IA360 de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408M), publicadas no DOG núm. 8, do 14 de xaneiro.

Data de inicio: 10.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.4.2025 ás 14.00 h para a liña A e 31.10.2025 ás 14.00 h para as liñas B e C, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L), publicadas no DOG núm. 8, do 14 de xaneiro.

Data de inicio: 10.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 10.3.2025 ás 14.00 h.

– Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (códigos de procedemento IG300J (liña 1), IG300I (liña 2) e IN422P (liña 3), publicadas no DOG núm. 8, do 14 de xaneiro.

Data de inicio: 11.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.4.2025 ás 14.00 h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

– Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no Instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña. Modalidade proxectos empresariais tractores de grandes empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N), publicadas no DOG núm. 8, do 14 de xaneiro.

Data de inicio: 11.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 12.5.2025 ás 14.00 h.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica