Segundo o establecido na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución de 14 de maio de 2019 (DOG nº 94 de 20 de maio), e modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2023, (DOG nº 119 de 23 de xuño), de acordo co establecido no anexo do V Convenio Colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia que regula as condicións especiais de traballo do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, para poder ser contratado nas categorías de persoal laboral de técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (38) do grupo I, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (39) do grupo II, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (33) do grupo IV, bombeiro/a forestal condutor/a (14A) e bombeiro/a forestal (14) do grupo V, deberá superarse previamente unha proba de aptitude física denominada Field test.
A proba física Field Test consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.
Para poder ser contratados na categoría de vixilante fixo (10B) de defensa contra incendios forestais do grupo V, as persoas candidatas deberán superar unha proba en que se examinará a agudeza visual de lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparello para control da visión tipo Visiotest ou equivalente.
O resultado das probas físicas e de agudeza visual será o de apto/a ou non apto/a.
No caso de que algunha persoa interesada non se presentase ás anteditas probas, non as realizase ou non fose declarada apta, quedará automaticamente en suspenso nas listas ata a realización de novas probas e non poderá ser contratada. Para tal efecto, a Consellería do Medio Rural comunicará á Dirección Xeral da Función Pública o resultado das probas como apto/a, non apto/a, non presentado/a á proba ou proba non realizada.
As persoas integrantes das listas non poderán asinar un contrato laboral, sen teren realizadas as probas físicas ou de agudeza visual vixentes co resultado de apto/a.
A Consellería do Medio Rural é a encargada de realizar as probas con carácter previo á formalización dos contratos de traballo.
Estas probas terán validez dun ano desde a súa realización e debe acreditar o persoal, antes de ser contratado, a vixencia da proba realizada co resultado de apto/a.
Con base no anterior, esta Secretaria Xeral Técnica,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que deberán realizar as probas físicas Field Test ou visuais, previstas na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución do 14 de maio de 2019, (DOG nº 94, do 20 de maio) e Resolución do 22 de xuño de 2023, (DOG nº 119, do 23 de xuño), aos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, nas categorías do servizo de prevención contra incendios forestais seguintes:
– Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I - categorías 38).
– Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, (grupo II - categoría 039).
– Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, (grupo III - categoría 100).
– Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, (grupo IV - categoría 033)
– Bombeiro/a forestal condutor (grupo V - categoría 14A).
– Bombeiro/a forestal (grupo V - categoría 14)
– Vixilante fixo/a (grupo V - categoría 10B).
Segundo. As persoas aspirantes que vaian realizar Field Test deberán remitir no prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de publicación desta resolución. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente. O certificado dirixirase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, onde está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, á Sección de Persoal do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente segundo a táboa seguinte:
|
Departamento territorial |
Apelldo 1 |
Apelido 2 |
Nome |
|
|
A Coruña |
Desde |
Abad |
Piñeiro |
Pablo |
|
Ata |
Doval |
Rey |
Constantino |
|
|
Lugo |
Desde |
Durán |
Durán |
Pablo |
|
Ata |
Liñares |
Sánchez |
Juan |
|
|
Ourense |
Desde |
Lires |
Calo |
Javier |
|
Ata |
Pérez |
Vizcaya |
Óscar |
|
|
Pontevedra |
Desde |
Pérez de juan |
Rodríguez |
Javier |
|
Ata |
Zas |
Rodríguez |
Diego |
|
As relacións de aspirantes convocados a presentar o certificado médico ou informe sobre o estado de saúde, e do persoal admitido para a realización das probas visuais, relaciónanse no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios
Terceiro.- Están exentos da realización da proba física ou visual e, polo tanto, da presentación do certificado médico ou informe sobre o estado de saúde, aqueles integrantes das listas que resulte acreditado que superaron as probas convocadas polas seguintes resolucións:
– Resolución do 21 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física para a categoría profesional 38 do grupo I (técnico superior de defensa contra incendios forestais).
– Resolución do 21 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada (grupo B), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, da categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 25 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
– Resolución do 26 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba visual.
As relacións de persoas exentas, tanto da proba física Field Test e do certificado médico, como da proba visual, poderán consultarse no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios
Cuarto. Unha vez que se revisen os certificados médicos referidos no punto segundo, convocarase a realización das correspondentes probas físicas, mediante resolución do secretario xeral técnico que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. As persoas aspirantes que non figuren reflectidas na relación de persoas que deban presentar o certificado médico ou admitidas para a realización das probas visuais, ou que non figuren nos listados de persoas exentas da realización das probas físicas ou visuais, poderán presentar alegacións no prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
