Convocada polo Anuncio do 26 de novembro de 2024 (DOG núm. 235, do 5 de decembro) a provisión, para vinculación temporal, dunha praza da categoría de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) (na actualidade, ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, do que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 101, de 27 de maio), e o Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) (na actualidade, ADOS), convocada polo Anuncio do 26 de novembro de 2024 (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar a aspirante seleccionada que se indica no anexo I desta resolución para que, en único chamamento e acto, compareza para a asignación da praza, que terá lugar o luns, 10 de febreiro de 2025, ás 10.00 horas, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.
Terceiro. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.
Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025
María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos
ANEXO I
|
Apelidos/Nome |
DNI |
Total 1ª fase |
Total 2ª fase |
Total suma fases |
|
Gándara Martínez, Alba |
***8367** |
11,509 |
2,000 |
13,509 |
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
