No Diario Oficial de Galicia núm. 175, do 11 de setembro de 2024, publicouse o Acordo do 12 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I, sita nos concellos da Lama e Fornelos de Montes (expediente IN408A 2022/015); as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras, sitas nos concellos de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela (expediente IN408A 2022/014), e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I (expediente IN408A 2022/015) e das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras (expediente IN408A 2022/014). Este acordo tamén se publicou no diario Faro de Vigo do 11.9.2024.
Advertiuse a falta de publicación dos anexos no documento denominado Estudo de impacto ambiental LMT evacuación 33 kV ampliación P.E. Edreira I e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Martín Domínguez Díaz, datado en xuño de 2024.
A omisión da publicación no DOG núm. 175, do 11 de setembro de 2024, do Acordo do 12 de agosto de 2024, dos anexos do estudo de impacto ambiental comprometeu a finalidade do trámite de información pública, motivo polo que é preciso volver realizar o trámite de información pública no procedemento relativo ás solicitudes identificadas no citado Acordo do 12 de agosto de 2024, da Dirección Territorial (agora Departamento Territorial) da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Agora ben, de acordo co principio de conservación de actos e trámites do artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e tendo en conta que a omisión unicamente afectou a publicación no DOG dos anexos do estudo de impacto ambiental, que xa constaban no expediente, así como que a descrición das instalacións e a relación xa publicada de bens e dereitos afectados se mantén inalterada, é preciso declarar a conservación de actos e trámites respecto:
– Da publicación da descrición das instalacións xa realizada no Acordo do 12 de agosto de 2024, publicado no DOG núm. 175, do 11 de setembro de 2024.
– Da publicación da relación de bens e dereitos afectados xa realizada no DOG do 11 de setembro de 2024 (anexo 1 do Acordo do 12 de agosto de 2024) e no Faro de Vigo do 11.9.2024.
En calquera caso, o acceso a toda esta información (descrición das instalacións e relación de bens e dereitos afectados), que xa foi publicada correctamente, queda garantida nos concretos termos previstos neste acordo, que inclúen tanto o acceso á información a través do DOG (que permite o acceso ao contido xa publicado) como a través da web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, evitando calquera posible indefensión de todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos.
Polos mesmos motivos xa expostos (que a omisión unicamente afectou a publicación dos anexos do estudo de impacto ambiental, así como que a descrición das instalacións e a relación de bens e dereitos afectados se mantén inalterada) non será necesario volver presentar as alegacións ou observacións previamente presentadas ao abeiro do trámite de información pública anunciado no DOG do 11 de setembro de 2024 e no Faro de Vigo do 11.9.2024.
Polo tanto, comprobado por este departamento territorial que o estudo de impacto ambiental LMT evacuación 33 kV ampliación PE Edreira I e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Martín Domínguez Díaz e datado en xuño de 2024, está completo e se corresponde co expediente obxecto deste acordo, sométese novamente a información pública a seguinte documentación:
1) Liña de media tensión 33 kV evacuación P.E. ampliación Edreira I (expediente IN408A 2022/015):
• Proxecto de execución titulado LMT evacuación 33 kV ampliación P.E. Edreira I, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 26.6.2024.
• Relación de bens e dereitos afectados (RDBA), documento titulado Relación de bens dependentes LMT evacuación 33 kV ampliación P.E. Edreira I, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024.
2) Infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras (expediente IN408A 2022/014):
• Proxecto de execución titulado Posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 26.6.2024.
• Relación de bens e dereitos afectados (RBDA), documento titulado Relación de bens dependentes posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024.
3) Documentación común ás instalacións anteriores 1) e 2):
• Estudo de impacto ambiental conxunto de 1) y 2), documento titulado estudo de impacto ambiental LMT evacuación 33 kV ampliación P.E. Edreira I e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Martín Domínguez Díaz, datado en xuño de 2024.
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo en el Diario Oficial de Galicia.
A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
De xeito específico, a descrición das instalacións e a relación de bens e dereitos afectados, que se manteñen inalteradas, atópanse dispoñibles:
– No Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 175, do 11 de setembro de 2024, ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240911/AnuncioG0760-160824-0003_gl.html
– No portal da internet da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao cal se pode acceder a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
– No diario Faro de Vigo do 11 de setembro de 2024.
A atención será telefónica nos números 986 80 52 11 e 986 80 52 34, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa nos números de teléfono indicados, así como nas dependencias dos concellos da Lama (avenida do Concello, núm. 1, 36830 A Lama, Pontevedra), Fornelos de Montes (praza da Igrexa, núm. 1, 36847 Fornelos de Montes, Pontevedra), Mondariz (praza de Merouces, 16, 36870 Mondariz, Pontevedra), Pazos de Borbén (lugar de Pazos, 52, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra) e Redondela (rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra).
De acordo co xa indicado na parte expositiva, non será necesario volver presentar as alegacións ou observacións previamente presentadas ao abeiro do trámite de información pública anunciado no DOG do 11 de setembro de 2024 e no Faro de Vigo do 11.9.2024.
Pontevedra, 20 de decembro de 2024
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
