DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 17 do Plan xeral de ordenación municipa no ámbito do sector SURT-2 Parque Ofimático/Xuxán, no concello da Coruña (expediente 2024AAE2948).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 20 de xaneiro de 2025 sobre a modificación puntual número 17 do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do sector SURT-2 Parque Ofimático/Xuxán, no concello da Coruña.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2948).

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade