DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes do procedemento ED202A.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes do procedemento ED202A.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Formación Profesional pertencente á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, como órgano competente para a tramitación do citado procedemento, sita en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.30 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

DNI/NIE/pasaporte

35674808Z

36167106C

34352504A