DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/118-1).

Expediente: IN407A 2024/118-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMTA. SMC729. Substitución de apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42.

Concello: Cambre.

Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de O Pazo, parroquia de Cecebre no concello de Cambre:

– Substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42 da LMT SMC729 de formigón, por apoios metálicos de celosía de características C-1000/16 no caso do apoio 41, e C-3000/16 no apoio 42, usando crucetas H35 en amarre.

– Para realizar esta actuación, terá lugar a substitución do van entre os apoios 41 e o 42 instalando 142 m de condutor LA-110. Reténsanse os vans anterior ao apoio 41 e posterior ao 42, LA-110.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA. SMC729. Substitución de apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42.

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cambre

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso

de enerxía eléctrica

Natureza

do

terreo

Apoio núm.

Superficie

(m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Familia Echevarría

15017A025001770000MA

Pazos de Abaixo

AK42K2UT//41

2.0

Rústico, agrario,

matogueira

2

Familia Echevarría

001200700NH59D0001JR

Lugar Pazo 2 15660

AK6TLAFF/42

2.0

Rústico-agrario-prados ou pradarías

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.