DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/76-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT PRS806 no treito entre os apoios 55-5 e 55-13, na casa do concello de Nogueira de Ramuín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 21 de xaneiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/76-3.

Instalación: Regulamentación LMT PRS806 no treito entre os apoios 55-5 e 55-13.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

2

Cavadoiro

32053A073001490000ID

CMVMC de Santo Estevo de Ribas de Sil

Notificación infrutuosa

Casa do Concello de Nogueira de Ramuín

18.3.2025

12.30