DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2025 Páx. 9726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo resultante dos procesos convocados para a estabilización de emprego temporal prevista no artigo 2.1 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.

Faise público para xeral coñecemento que polos decretos da Alcaldía ditados nas datas e nos procedementos que se refiren a continuación resolveuse nomear persoal laboral fixo do Concello de Ribeira as seguintes persoas aspirantes aprobabas nos procesos convocados para ocupar as prazas que a seguir se indican, incluídas na oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, aprobada polo Decreto da Alcaldía do 9.5.2022 e publicada no BOP da Coruña número 90, do 12.5.2022 e no DOG número 103, do 31.5.2022, en cumprimento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

Procedemento

Decreto de nomeamento

Nome

DNI

Denominación da praza

2023/ESTB000015

5.12.2024

Iria Alén Salgado

***7984**

Educadora social

2024/ESTB000005

5.12.2024

Ana María León Caamaño

***6698**

Graduada en enfermaría da Unidade de Condutas Adictivas

Ribeira, 10 de xaneiro de 2025

Luis Antonio Pérez Barral
Alcalde